
Profunda exposición do arte e pasión en estado puro a que tivo lugar fai uns dias nas Eiroas, os asistentes disfrutaron coma cosacos deste cartel de luxo. Con estas figuras ou "gallos de ouro", donde destacamos(sin menosprezo algun para os demais ) ó outrahora compañeiro noso en Nantón, que non perde ocasión pa disfrutar e facer disfrutar os que están orredor. Cunha gran variedade de pases ( 5 horiñas) deixou bocaabertos e sen cervesa os invitados de Constantino de Esteves; a entrega foi tal que non recuperou para se presentar a xogar este fin de semán e ainda hoxe non lle surtiu efecto algún as 25 "LLemas de ovo" que lle resetou o doutor pra recuperarse de tremenda afonia.
Dende aqui tan só lle queremos desexar unha pronta recuperación e de paso decir " Segue asi meu non cambies nunca e Felicidades, que todo vaia ben "
24 noviembre 2009
JRANDES ECOS Y SARAOS
Publicado por
mata
1 comentarios
en 2:54 PM
23 noviembre 2009
PONTECESO ( 0 - 3 ) C.D. NANTON

MUIÑO, MUIÑO foi do MELLORCIÑO
Maís chulo que a pana , aqui o tedes APUNTA-lando a linea de retagarda , pa non deixar pasar NINGUN nin NINGUNHA. Converteuse na mañan donte no mellor aliado de Jose Zas pa solventar as incursións que pretendian facer os homes da vila de Pondal en territorio dos Ponis.
A nosa porteria a cero, quizais a mellor explicación do comportamento e traballo defensivo dos nosos, asi a todo cabe suliñar que os comenzos foron algo dubitativos , cun asedio no comenzo do envite por parte dos de Ponteceso; mais nas primeiras chegadas dos Ponis, Mata rematou o longueiro e Froxan fallaba no intento de golpeo casi a porteria valeira. Mais as cousas poñeronsenos de cara cando un dos homes da casa meteu a man onde non debia, e asi aplicando o regulamento o "Xuiz Gerardo" sinalou a infracción co " Tiro a 11 metros de distancia" e aqui foi cando aterrou o Avionetas ; que tal como amiazou nos prolegomenos do envite voltou a ESCANCIA-LA de novo tal como prometera. Os de ponteceso como non escaramentaron desta, voltaron a cometer a mesma infracción e veña , outra vez tiro limpio, e como non ,O Avionetas demostrando que sabe de que vai iso, voltou a gañar o duelo desde os 11 metros . E por segunda vez a ESCANCIA-LA , as mil maravillas; o outro chicharo foi conquerido por Froxán quen asi se resarcia do erro da primeira metade. Decir tamén que cada infracción do rival supuso-lle a saida do terreo de xogo a dito infractor, quedando por consecuencia en desvantaxe númerica, ainda que sempre pretenderon non perderlle a cara o partido , salvo nos últimos compases do mesmo.
As consignas de Sentauno Paco foron cumpridas e polo tanto este novo triunfo fai que sigamos na POMADA. Asi por tanto, ó Mister coma Serra, desexarlles que sigan disfrutando da semán de asueto, pois aqui o gando está a bon recaudo ata o vindeiro Dominjo.
Primicia informativa de primeira man ( PROTAGONISTAS)
Sa estamos en condicións de ofrecerlles a primeira e única declaración feita por " Barrigas " o noso ben querido dianteiro , iso si superando bastantes dificultades pa facernos coas mesma , que nos falou de como se atopou logo de dispor dos seus primeiros minutos na presente edicion do campeonato de veteráns , tras superar con éxito a lesión que arrastraba dende o campionato pasado e que o tiña afastado dos rectángulos de xogo.
Publicado por
mata
3
comentarios
en 12:06 PM
19 noviembre 2009
PREVIA ( PONTECESO - NANTON )
O AVIONETAS AMIAZA CON " ESCANCIALA "NO CAN PINGUEL
Despois de levar a Sentauno Paco ata Tenerife, pra que disfrute dunha escapadiña e poder ollar algunha posible fichaxe pra reforza-lo equipo no mercado de inverno; o Avionetas, que non da puntada sen fiu, aproveitou o viaxe de retorno para sobrevoar, ollar e inspecsionar a situacion do terreo de xogo, en can PINGUEL . O rapaz chegou asi de animado ,e como sabedes despois de mollar en Buño, dixo "muchachos todos con botas de mollado " que o sitio queda propicio pra "Escancia-la" de Novo e diosmediante, o Dominjo si non hai novidade, habra que aterrar amodiño pra non sairse de pista.
O mister mandou recado hai, que seguir pelexando por estar na pomadaaaaa...hasta que eu volva ..Sortiñaaaaaa !!!!
Publicado por
mata
1 comentarios
en 4:42 PM
16 noviembre 2009
NANTON VETERANOS ( 4 - 0 ) BUÑO
(Non ha de ser pa menos, felis como unha cotornis)
" O REI TAMEN A SABE METER "
Xogouse o partido , arrancando os de Buño con 10 xogadores con mais de 20 minutos de xogo ata que chegou un compañeiro que segundo contou "enredoume a PGC ", xa sabedes cuestión de puntos. E falando diso nos trouxemo-los tres que habia en liza, o cal nos permite seguir na pomada, para ilo fixemoslle catro chicharos Ah! e para non irme do que realmente importa o noso Rei foi quen de ser o primeiro en mete-la e pa iso bastouse el soliño, prantouse diante do meta do Buño e meteulla; perdón millor dito materializou e non desaproveitou a ocasión que se lle presentou.
Por certo o porteiro do Buño , moi salado e extrovertido, logo de encaixar catro todavia tiña moral pra vir correndo a dar a man o termo do partido, e tamén teño que deci-lo saiu victorioso nun man a man con noso alma mater SeutaunoPaco, quen tivo un par delas para patea-lo mais onte non foi o seu dia.
Bueno o resto dos chicharos foron obra e arte de ; o Xoven Alvaro , O Ab
uelo e David O Avionetas, quen logo de escansiar un par de dias por terras asturianas voltou con aire fresco, incluso golpea coa dreita sin deixa-la caer, haber se agora a esquerda só a ten pa apoiar.Nas ultimas xornadas o equipo esta rotando moito, pois cada semán algúns colegas van dar unha volta para desconectar, xa rotaron David , Froxán , agora parece que lle toca o mister e a Serra, e xa veremos nas derradeiras semans como vai a cousa e se o equipo non se resinte e segue sacando os partidos adiante.
Publicado por
mata
2
comentarios
en 4:36 PM
09 noviembre 2009
CORCUBION 0 - 2 NANTON DE VETERANOS
" Tan rápido como un lostrego que xurde na noite e impreciso coma un trono que ruxe no ceo e se difumina no minuteiro dun reló de area fina".
Asi deste xeito foi como de novo Paco, por segunda semana consecutiva, acudia a cita co gol no NOVO COBALEIRO, campo que lle ben nin pintado as suas particulares caracteristicas; co mister en plena acción e liderando os seus acabou coas esperanzas dos Corcubioneses de poder levantar un partido que xa na primeira metade o "xoven" Alvaro se encargara de declinar a prol dos nosos, o rematar no segundo pao un balón, acción na cal os locais reclamaron un posible fora de xogo.
Asi e todo non foi un partido para moitas florituras debido a gran loita que presentou o bloque do Corcubion o longo de todo o partido, asi alternaronse fases de moita brega de parte a parte con xogadas de gran calidade, con triangulación de balón acertadas as cales, algunhas delas, so lles faltou "os muchachos "estar un pouco mais atinados de cara a gol.
Por parte dos de Corcubion non tiveron o seu dia diante da porteria de Torelo pois un número importante de balóns acabaron no limbo foro incluso do coñecido polos tres paos.
Jose liderou con sobriedade a defensa acompañado por Muiño, Carlos, Juan e Jorge.
Visto lo visto o noso foi o resoltado mais corto nesta xornada, respecto os enfrentamento do grupeto que ocupa a parte alta da clasificación, mais para min cobra maior importancia se cabe pois foi na casa dun equipo que demostrou ter cualidades suficientes para pelear polos puntiños en xogo.
Publicado por
mata
0
comentarios
en 3:17 PM
03 noviembre 2009

VETERANOS NANTON ( 2 )
XUVENTUDE DE CANCES ( 1 )
( Co permiso de Edu que está de baixa desexando que pronto retome os mandos do blog )
O partido do domingo deparou a pesar do corto do resultados, moitas e boas opcións de conquerir mais goles por ambalas duas escadras. Asi no que foi a primeira metade o dominio foi bastante claro por parte dos nosos xogando o balón con bastante criterio e fluidez, acadando o primeiro gol nunha accion reseñable por parte de Paco quen nun recorte toreiro dentro da area pequena disfixose do seu par e demostrando sangue fria fixo un disparo raso coa esquerda ante o que nada poido facer Cuba . Noutra das chegadas Toni Maifren habilitou para que Forxan marase un remate de cabeza no segundo pao, enviando o balon o longueiro cando xa cantabamos o gol. Por parte do Cances achuchounos en accions a balon parado, algun corner vimos como o balon se paseaba materialmente por diante dos fociños sin que naide acertara a despexar ou iles a metela pa dentro. Tamén houbo outra ocasión sen aperente perigro no cal o bote vivo do balon sorprende a Torelo e casi acaba en gol. Despois do descanso o Nantón pagou o esforzo fisico e baixou considerablemente o ritmo de xogo o mesmo tempo que o Cances melloraba e pasabase a xogar mais na parcela de xogo local. Destacable duas accións cando menos do seu dianteiro Vega que desbaratou formidablemente Torelo cando parecia que ia levar as de perder. O segundo gol noso veu como consecuencia dunha accion desafortunada na que un balon rebotado sae direccion a porteria e sorprende a Cuba collendo incluso a contrape e que a pesar da estirada non pudo evitar que subira o marcador. O tanto do Cances chegou tamén neste periodo como consecuencia dun torpedo desde linea de tres cuartos que ben merecia pagar a entrada nalgun campo de regional . Neste 2º tempo os nosos desaproveitaron duas boas ocasion no pe e na cabeza de Alvaro que por pouco non quixeron entrar.
Haber se somos capaces de manter un pouco mais de intensidade nos vindeiros partidos pra que non teñemos que levar algun disgusto innecesario , pois o ritmo dos do pelotón de cabeza non da tregua.
Publicado por
mata
1 comentarios
en 7:30 PM
21 octubre 2009

Hoxe o futbol non ten sentido , dan igual os resultados e clasificacion, Hoxe a Liga esta de loito , todolos xogadores estamos con Eugenio e acompañamolo no sentimento.
Unha aperta e moito animo para el e a familia.
Publicado por
edu
0
comentarios
en 12:20 AM
